![]()
VILAGARCÍA> Sonia García Corzo, actual responsable da asesoría xurídica de Urbanismo será a xerente de Urbanismo.
O Concello de Vilagarcía puxo hoxe en marcha a Xerencia de Urbanismo. Esta mañá, a alcaldesa reuniu ó Consello da xerencia, integrado polos voceiros de tódolos grupos da Corporación Municipal. Nesta primeira xuntanza designouse xerente, que será Sonia García Corzo, sendo a única proposta presentada polo goberno municipal.
Sonia García é licenciada en Dereito e está especializada en Urbanismo. Traballou no desenvolvemento da ARI de Corcubión e desde hai máis de dous anos traballa no concello de Vilagarcía, como responsable da asesoría xurídica do departamento de Urbanismo.
Este novo órgano unifica os servizos técnicos e xurídicos e permite crear un rexistro específico para os trámites urbanísticos. En total, xunto coa xerente, haberá 18 persoas traballando na Xerencia Municipal de Urbanismo. O goberno local indica que este órgano aportará maior transparencia á xestión urbanística municipal, posto que permitirá a participación de tódolos grupos da corporación na toma de decisións.
Redacción Salnés







