![]()
PONTEVEDRA> O portavoz local do PP explicou as funcións do novo cargo rexional na reunión que se celebrou en Pontevedra contra esta figura autonómica.
O Partido Popular concreta as funcións do novo cargo de delegado territorial da Xunta en Vigo, que solo se encargará de xestionar tres consellerías, segundo explicou hoxe Telmo Martín. O resto coordinaranse dende a delegación pontevedresa.
Unha explicación que non lle convence ó BNG nin ó PSOE, que seguirán organizando a manifestación en defensa da capitalidade. Prevista para o vindeiro 19 de xuño. Miguel Anxo Fernández Lores considera que se trata dunha proposta do portavoz municipal do PP, que non é oficial. Segundo Lores, o delegado territorial da Xunta en Vigo divide a provincia, e crea dúas capitais.
As seis e media da tarde comezou a reunión organizada polo concello de Pontevedra, á que acudiron as principais organizacións sociais, económicas e políticas da cidade do Lérez. Co obxectivo de firmar un escrito contra o delegado territorial, que se vai remitir ó presidente da Xunta. Telmo Martín participou no encontro coa fin de calmar os ánimos á poboación que teme pola capitalidade de Pontevedra.
Ó encontro acudiron ós alcaldes de Bueu, Poio, Cotobade, Vilaboa e Marín. Luciano Sobral amosou o seu apoio á postura do alcalde de Pontevedra, e compañeiro de partido.
CONSÉRVASE A ESTRUTURA ANTERIOR
Segundo explicou hoxe Telmo Martín, o delegado territorial en Vigo solo se ocupará de xestionar as áreas de Facenda, Mar, Traballo e Benestar Social, que xa contan con sedes na cidade olívica. O resto vanse coordinar dende Pontevedra, a través do delegado José Manuel Cores Tourís. Sempre segundo a versión do portavoz do PP local.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/200509_reunion_pontevedra.flv{/flowplayer}









