Descontos do 20% e rascas de 5 euros no Sábado Negro de Noia Histórica

NOIA> Unha trintena de establecementos participarán no Sábado Negro que organiza Noia Histórica esta fin de semana. Ademais de descontos do 20 por cento en tódolos seus artigos, os clientes recibirán rascas premiados con 5 euros a consumir nos establecementos hostaleiros do municipio.

Aqueles que se animen a realizar as súas compras este sábado en Noia poderán mercar cun desconto do 20 por cento en preto de 30 establecementos comerciais. A asociación Noia Histórica volve poñer en marcha unha nova edición do Sábado Negro que, ademais dos descontos, repartirá rascas premiados con 5 euros para gastar nos establecementos hostaleiros da vila.

A concellería de Comercio volve colaborar con esta iniciativa que contribúe a dinamizar a todo o tecido económico da vila dada a gran afluencia de xente que adoita achegarse ata as rúas comerciais durante toda a xornada.

As tendas permanecerán abertas ata as nove e media da noite para facilitarlles as compras ós máis rezagados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí