![]()
PONTEVEDRA> Tres días despois da celebración da Copa de Europa de Triatlón en Pontevedra, hoxe tocou facer balance do acontecido. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores valorou a proba como un éxito en tódolos aspectos para a cidade. O obxectivo agora será traballar para que Pontevedra sexa elexida como sede do Campionato de Europa de 2011.
{flowplayer}images/salnes/triatlon_200519.flv{/flowplayer}
Moi satisfeito amosouse o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores esta mañá tras ter valorados os resultados que a tódolos niveis deixou a celebración en Pontevedra da Copa de Europa de Triatlón.
Segundo as estimacións feitas, batíuse a asistencia de público con respecto ó ano pasado. Desta volta foron máis de 30.000 persoas ás que se botaron á rúa para seguir de preto a proba.
Lores calificou a organización como impecable e agradeceu a tódolos colectivos a súa colaboración para facer que todo fose rodado: Policía Local, institucións, voluntariado, etc.
Dende o punto de vista económico destacou a gran ocupación hoteleira que se rexistrou durante esta fin de semana por este motivo.
Por todas estas razóns, dende o concello crese que Pontevedra estará nunha moi boa posición para ser elexida como sede do Campionato de Europa de 2011. A decisión tomarase o vindeiro mes de xullo, o día 3, na cidade holandesa de Helton, onde se reunirán os mandatarios da Federación Europea de Triatlon.
A celebración dunha proba destas características en Pontevedra tería unha gran repercusión, máis da que xa tivo a Copa de Europa. Serían catro días de competición no que entrarían en liza ó redor de 2.500 atletas. Por iso dende o concello estase a traballar seriamente neste proxecto que obrigaría, por outra parte, a facer unha inversión pública moito maior.
Redacción Salnés






