POBRA> Na proba, organizada pola Federación Galega de Atletismo en colaboración ca Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, e co patrocinio do Concello, tomarán parte tódalas categorías, dende sub-10 ata master.
Esta mañá presentábase na Pobra o Campionato Xunta de Galicia Absoluto Masculino e Feminino de Marcha en Ruta, organizado pola Federación Galega de Atletismo en colaboración coa Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e co patrocinio do Concello.
A edil de deortes, Genoveva Hermo, destacou a importancia de poder acoller unha proba destas características, por quinto ano consecutivo.
Na proba daranse cita uns 140 atletas. Na cateroría absoluta os irmáns Chamosa, Daniel e parten coma claros favoritos a levarse a vitoria final, e con el o Campionato Galego da especialidade.
A carreira estará aberta tamén ó resto de categorías dende sub-10 a máster, e dela sairán ademais os atletas seleccionados nas categorías sub-18 e sub-20 para participar no próximo Campionato de España da especialidade.
A competición arrancará a partir das dez da mañá e desenvolverase nun circuíto habilitado na fachada marítima comprendido entre a praza Alcalde Segundo Durán e o peirao comercial.