O Viajes Interrías sorprende ó Noia e suma tres puntos vitais

futbolsala250_171109.jpgSALNÉS> Gran xornada a que asinaron os conxuntos do Salnés. Gañou o Grupo Junquera na cancha do Redondela e xa é segundo na xeral mentres que o Viajes Interrías deu a sorpresa e venceu con contundencia en Baltar ó líder Noia.

A 1ª Nacional A é imprevisible este ano. Senón que llo pregunta ó Noia que visitaba Baltar este semana confiado en gañar para manter o seu liderato e marchouse pola porta de atrás tras unha gran actuación do Viajes Interrías (6-3).

Os de Salgueiro por fin venceron na casa e racharon cunha xeira negativa de resultados que os colocaba no vagón de cola. Estes tres puntos danlle un respiro, deixando por debaixo deles na xeral a cinco equipos.

O partido foi intenso dende o incio, coa presión a toda cancha dos locais. A calidade dos visitantes fixo que a posesión fora deles pero que o perigo o levase o Interrías nas contras. Con todo, o marcador reflectía un 2-3.

No segundo tempo O Noia saíu coa intención de sentenciar o encontro pero atopouse co mellor Interrías do ano, disposto a non baixar o nivel nos segundo vinte minutos, como en eles é habitual. Remontaron e leváronse unha victoria de xeito holgado. Pedro e Alan fixeron dobrete, mentres que os outros dous tantos asináronos Pibe e Javi Alvéndiz. Con esta derrota o Noia caeu á cuarta posición da xeral.

Na 1ªB, o que continúa imparable é o Grupo Junquera que sumou o seu quinto triunfo consecutivo a costa do Redondela (2-5). Os vilagarciáns non o tiveron sinxelo ante un equipo que ocupa a última praza da xeral pero que presume de ser un conxunto correoso e peleón. Pese a que os locais se adiantaron no marcador e logo aguantaron co partido igualado ata ben entrado o segundo tempo, a calidade dos de Rodrigo Feijóo decidíu. Marcaron Juancar, Sesar, Jaime e Fran (2).

Tres puntos que os colocan na segunda posición da xeral, terceira virtual, se é que non ocorre nada raro co Esteo que camiña cun punto menos e deberíalles pasar unha vez xoguen os dous partidos que lle faltan con respecto ó resto de conxuntos.

Redacción Salnés