Poio unirase o sábado na loita contra o cancro

gala250_210509.jpgPOIO> Este sábado celébrase o I Festival benéfico contra o cancro Concello de Poio. Unha iniciativa que aúna o deportivo co solidario. Haberá competición de karate, exhibicións de baile e diversas actuacións, todas elas en favor do enfermos de cancro.

Por estas datas, nos últimos anos, o Pavillón da Seca acollía sempre un campionato de karate. Este ano quíxose ir máis alá. O organizador do torneo, Alberto Álvarez, contactou co edil de deportes Miguel Anxo Pazos Barros para incrementar o espectáculo deportivo e facelo ademais cun fin benéfico, a loita contra o cancro.

O festival será o sábado. A competición de karate, na que partiparán 175 deportistas de entre 3 e 19 anos, comezará ás 16:00. Ademais, tamén haberá exhibicións de katas, defensa persoal e combates con armas.

A partir das 18:00 principiarán as diferentes exhibicións de baile, como merengue, salsa ou bachata, na que tomarán parte unhas 250 persoas chegadas dende diferentes escolas da provincia. 

A entrada colocarase a un precio único de tres euros, todo a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. O cantautor Miguel, abrirá e pechará as actuacións e porá á venda o seu novo disco. Por cada exemplar que venda, destinará un euro para a causa benéfica.

O concello vÍuse na obriga de colocar 300 sillas máis para ampliar o aforo dun Pavillón da Seca que podería quedarse pequeno.

Redacción Salnés