Poio inaugura un completo parque biosaudable na Reiboa

    parque_poio100_210509.jpgPOIO> O Concello de Poio inaugurou esta mañá un novo parque biosaudable, instalado na Reiboa.

    {flowplayer}images/salnes/parque_biosaudable_poio.flv{/flowplayer}

    POIO> O Concello de Poio inaugurou esta mañá un novo parque biosaudable, instalado na Reiboa. Estas instalacións farán posible a práctica de exercicios e ximnasia ó aire libre e está dirixido sobre todo ás persoas maiores.

    O alcalde Luciano Sobral e mailo edil de deportes Miguel Anxo Pazos tiveron ocasión esta mañá de probar os diferentes aparatos que compoñen este parque. As instalacións veñen a completar os servizos na zona da Seca. O parque inaugurado hoxe na Seca custou 20 mil euros e é o máis completo dos que hai instalados no municipio. En total, son tres, xunto co da Casa Rosada e o da Caeira. Desde o Concello piden ós veciños que respecten este entorno. O Concello estuda agora dotar a zona da Seca dun punto de encontro para a mocidade, como unha pista de patinaxe.

    Redacción Salnés