Os afectados pola EDAR denuncian trabas burocráticas para acceder ós informes

    RIBEIRA> As explicacións da empresa ACUAES sobre as melloras previstas na EDAR de Ribeira seguen sen convencer ós afectados. Aproveitando a xuntanza da comisión de seguimento celebrada esta tarde, manifestáronse diante do concello para reivindicar, dunha vez por todas, que se poña fin ós problemas de cheiros e emisión de gases que padecen. Mentres na casa consistorial celebrábase unha xuntanza da comisión de seguimento, os afectados pola EDAR de Ribeira concentrábase na porta para denunciar que nada se ten feito para minimizar os efectos da emisión de gases que levan padecendo dende hai máis dun ano. Lonxe disto, denuncian que a situación ten empeorado posto que acusan ó concello de poñer trabas burocráticas para a obtención dos informes policiais que constatan os frecuentes episodios de cheiros. Malia que un grupo de afectados tomaron parte na xuntanza desta tarde, o colectivo di non sentirse representado nestas mesas de traballo nas que nin sequera poden expoñer a súa situación Mentres tanto, os afectados lembran que a Fiscalía de Medio Ambiente continúa coas dilixencias previas para a investigación de tres presuntos delitos: contra o medio ambiente, a saúde pública e a ordenación do territorio.