Teófilo Comunicación prepara un libro sobre o grupo Airiños

actuacion_airinos100.jpgVILAGARCÍA> Teófilo Comunicación prepara un libro sobre o grupo Ariños, de Vilagarcía, que facía as delicias de espectadores nos 60.

{flowplayer}images/salnes/LIBRO_TEOFILO.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Nos anos sesenta o grupo Ariños, de Vilagarcía, facía as delicias de espectadores na comarca do Salnés, e no resto de Galicia e España, amais de en varias capitais europeas de Alemaña, Reino Unido, Italia e Portugal. Case trinta anos despois da desaparición de Airiños, a empresa Teófilo Comunicación traballa na restauración do seu legado histórico, musical e gráfico. Documentación que xa se pode consultar na plataforma multimedia www.airinos.es.

Teófilo Comunicación proponse ademais plasmar nun libro a historia desta formación musical, polo que abriu unha convocatoria para que tódolos interesados poidan achegar documentos de imaxe na dirección: teofilo@teofilocomunicacion.com. Entre os proxectos de José Luís Teófilo, antigo membro de Airiños, está volver a reeditar en DVD unha actuación do grupo e a gravación dun CD das cancións máis populares. Para a presentación do libro, reunirase en Vilagarcía á maioría dos compoñentes de Airiños e o seu fundador e director Jaieme Vaamonde Souto.

Redacción Salnés