A nova senadora ponse á disposición dos alcaldes da provincia

    paz_lago100.jpgSANXENXO> Paz Lago tomou posesión na Cámara Alta o pasado martes, en substitución de José Manuel Cores Tourís.

    Paz Lago valorou esta mañá a súa recente toma de posesión como senadora do PP pola provincia de Pontevedra, cargo que ocupa trala renuncia de José Manuel Cores Tourís, agora delegado da Xunta en Pontevedra. A concelleira de Sanxenxo pide paciencia para pórse ó día no Senado e ponse a disposición dos Concellos da provincia.

    Paz Lago compaxinará a labor de senadora coa de concelleira de Cultura e Educación en Sanxenxo, inda que renunciará á dedicación exclusiva deste cargo.

    Ademais de Catalina González, nesta rolda de prensa tamén estivo o presidente provincial do PP Rafael Louzán.

    Lago agradeceu o apoio de simpatizantes e militantes, pero sobre todo a Telmo Martín, por introducila na política hai seis anos, a Catalina González, por seguir contando con ela no Concello, e a Rafael Louzán por incluíla nas listas ó Senado.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/PAZ_LAGO_SENADORA.flv{/flowplayer}