El Rei don Juan Carlos visitou este mediodía a conserveira Jealsa

    visitareijealsa1_100_220509.jpgBOIRO> O monarca foi recibido en ‘olor de multitudes’ polos directivos da firma boiresa, así como tamén polos preto de dous mil empregados.

    {flowplayer}barbanza/visitareijealsa1.flv{/flowplayer}

    Pasada a unha da tarde, con máis de media hora de retraso sobre o horario inicialmente previsto, producíase a chegada da Súa Maxestade El Rei don Juan Carlos a Jealsa. O monarca chegou a Boiro en helicóptero dende o aeroporto de Lavacolla, aterrando no campo de fútbol de Abanqueiro, a escasos quilómetros da factoría, ata onde se trasladou en coche oficial. Ás portas da fábrica foi recibido polo propio fundador da empresa, Jesús Alonso, e a súa dona, Pura Escurís. Despois dos saúdos de rigor co resto de autoridades que asistiron tamén ó acto, entre as que se atopaban o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño, Elena Espinosa, a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo ou o recentemente nomeado novo delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, así como tamén a totalidade dos alcaldes da comarca, don Juan Carlos visitou na compaña da familia Alonso-Escurís as instalacións.

    Sinatura no Libro de Ouro

    En primeiro lugar asinou no Libro de Ouro da conserveira, para posteriormente percorrer varias zonas clave da factoría boiresa, a nave de despiece e limpeza do peixe e a nova liña de envasado Tetra Recart, de recente incorporación.

    Ausencia de dona Sofía

    Aínda que nun primeiro momento o monarca ía estar acompañado na súa visita pola Raíña dona Sofía, esta finalmente non puido acudir ó acto ó ter que cumprir con outros compromisos da súa axenda.

    Redacción Barbanza