Frinsa inaugura esta fin de semana o seu calendario de regatas

    5

    presentacionregatasfrinsa_100_070509.jpgRIBEIRA> Á presentación das dúas regatas, no hotel dos Reis Católicos en Santiago, asistiu o propio presidente de Frinsa, Ramiro Carregal.

    {flowplayer}barbanza/presentacionregatasfrinsa.flv{/flowplayer}

    A primeira das regatas desputarase en dúas etapas. A primeira sairá do Club Náutico de Portosín o sábado día 16 e consistirá nun percorrido de barlovento sotavento de aproximadamente seis millas. Ó seu remate terá lugar unha cea de gala nas instalacións do club. O domingo, as embarcacións participantes realizarán unha regata costeira ata Ribeira, onde se celebrará a entrega de trofeos e unha merenda mariñeira.

    Gran Trofeo Faro de Corrubedo

    Neste Gran Trofeo Faro de Corrubedo, patrocinado por Frinsa, está prevista a participación de preto de 25 embarcacións que contará con tódalas medidas de seguridade ó seu servizo. Os náuticos de Ribeira e Portosín volverán estreitar lazos coa organización desta proba e unha vez máis pugnarán por albergar a gran escultura do faro que permanece todo o ano nas instalacións do club ó que prtence o barco gañador.

    Regata Frinsa-Trofeo presidente Ramiro Carregal

    A segunda das regatas que patrocina o grupo conserveiro será a Regata Frinsa-Trofeo presidente Ramiro Carregal, que se desputará o vinte de xuño.

    Ata hai tres anos, esta proba recibía o nome de Illa de Sálvora, lugar onde remataba a regata. Sen embargo, dende que foi adquirida para a súa inclusión no parque nacional das Illas Atlánticas, o xantar de confraternidade e a entrega de trofeos, ten lugar nas instalacións da Frinsa en Xarás. A ela, asistirán os tripulantes das preto de corenta embarcacións que se pevé que participen na proba así como familiares e acompañantes. 

    Apoio ó deporte

    O patrocinio por parte de Frinsa destas dúas regatas non é casualidade xa que o seu presidente, Ramiro Carregal, sempre se caracterizou polo seu apoio ó deporte na comarca e, en especial, á vela da que é un gran afeccionado.

    A súa paixón polo mar é precisamente o motor que lle levou a participar na fundación do Club Náutico de Ribeira, do que é presidente de honra, e colaborar co de Portosín, que o nomeou socio de honra, en tódalas actividades que organiza; entre elas o Gran Trofeo Faro de Corrubedo. Tamén a iniciativa súa comezou a desenvolverse a regata Illa de Sálvora, unha das probas máis importantes da comarca, que agora recibe o nome de Trofeo Frinsa.

    Labor de mecenazgo

    Este vilagarcián de nacemento pero ribeirés de adopción non só aporta a súa colaboración a eventos deportivos senón que apoia diversas iniciativas culturais e sociais que se desenvolven en toda Galicia. A nivel empresarial, Frinsa converteuse nunha das empresas líderes do sector grazas a un progresivo proceso de crecemento e diversificación, dende que comezará a traballar como pioneira no frío industrial.

    Empresa punteira

    Na actualidade, conta con máis de 1.200 empregados fixos e traballadores distribuidos por diversos países. Traballa fundamentalmente con marca branca aínda que tamén sacou ó mercado marca propia con gran reusltado. Estas cifras poñen de manifesto a boa xestión da empresa que sortea a crise con gran facilidade nun dos seus mellores exercicios.

    Redacción Barbanza

    COMPARTIR