Noia pretende o recoñecemento institucional do seu camiño xacobeo

    NOIA> A asociación turística da Ría de Muros Noia e o concello noiés están a traballar para conseguir a súa oficialización. Acadar o recoñecemento oficial do camiño xacobeo de Noia. Este é o obxectivo do proxecto Portus Apóstoli que promoven a asociación turística da ría de Muros Noia en colaboración co concello noiés. As referencias históricos sobran para acreditar a importancia de Noia como principal camiño marítimo e porto de Compostela. Sen embargo, é preciso dotar de orzamento ó proxecto para a elaboración dun estudo e a sinalización da ruta que oficialice, dunha vez por todas, un camiño que leva anos en auxe grazas á iniciativa privada. Trátase xa do terceiro intento en que a entidade comarcal trata de acadar o recoñecemento das administracións públicas. En todos eles conta co apoio de Noia Histórica que ve nesta iniciativa de promoción turística numerosas posibilidades para o desenvolvemento económico da vila.