Os emigrantes retornados retoman as súas protestas na rúa

    RIBEIRA> Confían en que o novo escenario político no Estado contribúa a solucionar a súa situación. As rúas de Ribeira volveron vibrar ó ritmo de chifres, bucinas e tambores. Os emigrantes retornados seguen, mes tras mes, denunciando a discriminación fiscal que sofren ó estar regulados por uns criterios moitos máis estritos que os xubilados que traballaron en España. A equiparación fiscal e que se elimine o carácter retroactivo da lei son as principais demandas dos afectados que, sosteñen, nunca se negaron a declarar senón que esixen facelo en igualdade de condicións. O novo escenario político do que sairá o futuro goberno de España failles albergar unha pequena esperanza. Confían en que o próximo executivo, sexa da cor que sexa, amose maior sensibilidade coas súas demandas que o actual.