RIBADUMIA> Os veciños de Ribadumia dispoñen desde hoxe de novos puntos de vertido de aceite reciclado de uso doméstico.
{flowplayer}images/salnes/CONTEDORES_ACEITE.flv{/flowplayer}
RIBADUMIA> Os veciños de Ribadumia dispoñen desde hoxe de novos puntos de vertido de aceite reciclado de uso doméstico.
O Concello instalou cinco contedores, un por parroquia, de 250 litros de capacidade. Son facilmente manexables, só ten que levantar a tapa e verter o aceite usado. A alcaldesa foi unha das primeiras en utilizar o contedor instalado diante do centro de saúde de Ribadumia.
Salomé Peña indicou que o Concello iniciará ademais unha campaña de sensibilización entre os veciños. Ata agora, os veciños só podían verter o aceite de cociña reciclado no punto limpo de Leiro, pero este só abre un día á semana. De aí que o Concello decidise ampliar o servizo, grazas a un convenio coa empresa Urbaser.
Os veciños dispoñen dun contedor de aceite nos lugares de Carrasqueira, en Sisán, de Leiromeán, en Leiro e de Cruz, en Lois; e nas rúas Valle Inclán, en Barrantes, e Raúl Alfonsín, en Ribadumia.
Redacción Salnés