Comeza a campaña electoral para os comicios europeos do 7 de xuño

    campaa_electoral_europeas100.jpgVILAGARCÍA> Os principais partidos políticos realizaron a tradicional pegada de carteis ás doce da noite.

    Comezou a contra atrás. A partir de agora quedan 15 días nos que os partidos políticos tratarán de convencer ós cidadáns de que son a mellor opción para defender os intereses españois e galegos, en Europa.

    O Partido Popular realizou a pegada de carteis, coa imaxe do candidato nacional, Jaime Mayor Oreja, na sede provincial, situada en Pontevedra. Ata onde acudiron o candidato pontevedrés, Francisco Millán, e o presidente do PP na provincia, Rafael Louzán. En Vilagarcía estiveron presentes o conselleiro de Medio Ambiente, Política Territorial e Infraestruturas, da Xunta, Agustín Hernández, o portavoz do PP local, Tomás Fole, e a deputada autonómica Marta Rodríguez. O Deputado no congreso, Jesús Pérez Arca, e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, tamén acudiron ó acto, no que participaron ducias de afiliados ó PP.

    O PSOE estivo representado en Vilagarcía, por varios membros do partido. A secretaria local, Tania García, e o concelleiro de Formación e Emprego, José Membrives realizaron a pegada de carteis, coa imaxe do candidato nacional ó Parlamento, o socialista canario, Juan Fernando López Aguilar.

    O BNG de Vilagarcía, estivo representado polo coordinador comarcal, Duarte Correa, o tenente da alcaldía, Xosé Castro Ratón, a concelleira de promoción Económica, Rosa Abuín e a concelleira de Benestar, Ana Lorenzo. Entre todos pegaron os carteis coa imaxe da candidata ó Parlamento polo BNG, Ana Miranda.

    Esquerda Unida tivo unha ampla representación en Vilagarcía, entre os afiliados e políticos. O portavoz local, Juan Fajardo, pegou os carteis nos que aparece a imaxe do candidato a nivel nacional, Willy Meyer.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/220509_campana_europeas.flv{/flowplayer}