A Regata Ruta de las Islas celebra o seu 25 aniversario

SANXENXO> Será tamén o XIII Trofeo Hotel Carlos I Silgar. Nestas vodas de prata a gran novidade radica na celebración paralela do Campionato Galego de Cruceiros ORC.

{flowplayer}images/salnes/TorfeoRutaIslas_060812.flv{/flowplayer} 

A Regata Ruta de las Islas celebra esta vindeira fin de semana o seu 25 aniversario. Unha competición que medrou nos últimos trece anos ó amparo do Hotel Carlos I Silgar, e que desta volta será tamén o Campionato Galego de Cruceiros ORC, un aliciente extraordinario segundo comentaron dende a organización.

O acto desta mañá contou coa presencia do presidente da Federación Galega de Vela, José Ángel Rodríguez, que quixo felicitar ós organizadores do evento así como mandou unha mensaxe optimista sobre as condicións climáticas que terán que afrontar os participantes.

A competición celebrarase entre os días 10 e 12. Durante o transcurso das tres xornadas o Comité Organizador decidirá en última instancia o trazado final de cada día, atendendo ás condicións meteorolóxicas. O que é seguro é que se celebrarán un combinado de mangas técnicas e outras costeiras, compensando deste xeito a regata entre aqueles que se desenvolven mellor entre boyas e os que o fan nas etapas en liña.

A regata arrancará o venres ás 16:30 horas. A xornada do sábado inciairase ás 13:00 e a do domingo ás 12:00.

Redacción Salnés