Ribadumia e Cambados acadan a permanencia

cambados250_240510.jpgSANXENXO> Por unha banda o derbi do Revel saldouse con empate (1-1) que lle servíu ó Cambados para salvarse. Mesmo obxectivo acadou o Ribadumia que se despedíu da súa afección cunha goleada de escádalo: 10-0 ó pechacancelas Covadonga.

{flowplayer}images/salnes/permanencia_240510.flv{/flowplayer} 

Precisaba gañar para non verse en apuros de última hora co descenso, por aquelo da cascada dende Terceira. Fixérono coa maior goleada da temporada. Dez goles levouse o Covadonga á súa casa, un equipo xa descendido que deu moitas facilidades ós de Carducho.

Os primeiros 25 minutos do choque foron equilibrados. Pero no 26′ Fran abríu a lata para o Ribadumia e o equipo non parou de atacar e de golear ata o final do encontro. O propio Fran asinaría un dobrete e Ramón tamén acadou dous goles. O resto foron obra de Lucas, Alex, Valiñas, Manu, Julio e Jonathan. Dez tantos que lle serven para rematar a temporada como o terceiro conxunto máis goleador e situarse décimos na táboa. Temporada de menos a máis para os de Carducho que continuarán na Preferente Sur.

Tamén estará o vindeiro ano na mesma categoría o Cambados que sacou un punto da súa visita ó Revel (1-1). Cascallar adiantou ós visitantes no inicio da segunda pero Diego Blanco reestableceu as táboas pouco despois.

Temporada sobresaínte para ambos. O Sanxenxo finaliza sexto, logo de desinflarse ó final pero tras ter loitado cos de arriba polo ascenso. Os de Carregal cumpliron co seu obxectivo da permanencia neste complicado ano no que o equipo voltaba á categoría.

Redacción Salnés