Pescamar lanza ó mercado unha conserva para nenos

    pescamar_kids100.jpgPOIO> Atún con tomate ‘Pescamar Kids’. É o único produto lanzado por unha conserveira dirixido para nenos.

    {flowplayer}images/salnes/PESCAMAR_KIDS.flv{/flowplayer}

    POIO> Pescamar Kids, ou o que é o mesmo, atún con tomate. É o único produto lanzado por unha conserveira dirixido especialmente para nenos. A empresa Pescamar, radicada en Poio, sacará en quince días ó mercado esta nova conserva.

    Pescamar desenvolverá ata o 25 de xuño unha campaña de promoción deste novo produto en 35 colexios de Galicia e 20 de Canarias, comunidade esta última onde a empresa de Poio é líder de mercado. Na campaña participarán en total dez mil alumnos, de entre 5 e 13 anos, que incluso poderán pórlle nome ó golfiño que ilustra esta conserva.

    A empresa conta tamén coa colaboración de varios concellos, como os de Ourense, La Orotava ou o propio de Poio. No test deste produto participaron uns mil alumnos, entre eles os do colexio Isidoro Riestra de Poio. A todos eles, agás dous, gustoulles o atún con tomate Pescamar Kids.

    Redacción Salnés