Poio recoñece ao deportista Cristian Fernández Nieto, subcapión de Europa de Acuatlón

POIO> Poio recoñece ao  deportista Cristian Fernández Nieto, subcapión de Europa de Acuatlón. O alcalde e a Concelleira de Deportes recibiron ao deportista poiense esta mañá na Casa do Concello. A finais do pasado mes de setembro fíxoxse coa prata na competición continental da súa disciplina, celebrada en Euskadi.

Fernández Nieto recibiu recibiu de mans do rexedor e da concelleira unha bandeira de Poio, ademais dunha insignia do Concello e de varios obsequios. Dende o Concello indican que a súa gran traxectoria é un claro exemplo da boa saúde da que goza o deporte local.

Fernández Nieto expresou o seu agradecemento ao Concello e falou dos seus obxectivos próximos, que pasan, por exemplo, por preparar ben o Campionato do Mundo desta especialidade, que terá lugar en Eivisa en maio do vindeiro ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí