Ana Miranda: ‘Falaremos galego no Parlamento Europeo’

    mitin_bng_pontevedra100.jpgPONTEVEDRA> O BNG afirma que non irán de turismo político a Europa se non a falar de cuestións que lle interesan a Galicia, …

    {flowplayer}images/salnes/MITIN_BNG_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O BNG afirma que non irán de turismo político a Europa se non a falar de cuestións que lle interesan a Galicia, como as políticas pesqueiras e agrícolas. E os seus discursos serán en galego. A candidata Ana Miranda afirmou onte en Pontevedra que nos últimos cinco anos, Galicia e a lingua galega desapareceron de Europa.

    No mitin de Pontevedra, Ana Miranda, estivo acompañada da tamén candidata Marga Caldas e polo novo portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez. O líder nacionalista considera que é necesaria unha voz galega no Parlamento Europeo e confía en que o 7 de xuño conseguirán un escano para a súa candidata.

    O BNG lembrou que nesta lexislatura o Europarlamento debaterá asuntos de interese para Galicia como a reforma da política pesqueira ou o reparto de fondos estruturais.

    Redacción Salnés