Exames para a obtención do graduado

    LOUSAME> Máis de medio cento de veciños de Lousame presentáronse os exames para conseguiren o Graduado en ESO. A Aula de Educación de Adultos da casa da cultura de Lousame albergou as probas, en horario de mañá, dos catro módulos que compoñen o graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Á espera dos resultados dos exames, e unha vez rematadas as clases do primeiro cuadrimestre, o concello de Lousame informa de que o vindeiro 3 de febreiro abrirase o prazo de inscrición para as clases do segundo cuadrimestre. Unha inscrición totalmente de balde e que se poderá facer ata o vindeiro 14 de febreiro no propio concello , se ben a matrícula debe formalizarse no Colexio San Clemente de Santiago de Compostela. As clases terán lugar en horario de 19 a 21:30 horas na Aula de Educación de Adultos.