Boiro Novo estrea nova imaxe

BOIRO> Boiro Novo traballa xa de cara as municipais de maio. Dende a formación apuntan a que será unha campaña próxima ós veciños, dando a coñecer o traballo desenvolvido durante estes catro anos de Boiro Novo na corporación municipal.

A candidata de Boiro Novo, Dores Torrado, esbozou cales serán as liñas mestras da formación de cara ás municipais de maio. Segundo ela será unha campaña próxima á veciñanza, na que tratarán de dar a coñecer o traballo realizado pola formación durante estes últimos catro anos na corporación municipal.

A candidatura de Boiro Novo é diversa, plural e feminista, representativa tamén de tódalas parroquias do municipio

A formación aproveitou ademais para presentar a que será a súa nova imaxe, coa que pretenden que a veciñanza se recoñeza e se familiarice.