Ribeira acata o ditame da RAG que establece que o topónimo se escribe con be

RIBEIRA> Ribeira escríbese con B. O concello acatará o informe da Real Academia Galega que determina o topónimo. A partir de agora, tódolos documentos oficiais recollerán a forma correcta do topónimo.

O informe emitido polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galicia non deixa lugar a dúbidas. Ribeira é con b, segundo a súa orixe etimolóxica e a documentación histórica que así o acredita.

Este ditame, que o concello acatará de inmediato, pon fin a máis de tres décadas de división e polémica sobre a grafía correcta.

Foi o propio concello o que encargou o estudo á Real Academia Galega, a través da secretaría xeral de Política Lingüística. A partir de agora tódolos documentos e selos oficiais do concello así como os indicadores recollerán o topónimo correcto.

Manterase sen embargo o símbolo do corazón nas letras das rotondas e do miradoiro do paseo do Touro posto que se trata dunha marca distintiva do concello.