A Xustiza anula a orde de derrube do edificio Río Breiro

     BOIRO> O recurso presentado polos propietarios do edificio río Breiro e o concello de Boiro deu os seus froitos. O Xulgado do Contencioso Administrativo Número 1 de Santiago anula a orde de derrube.

    {flowplayer}barbanza/sentenzafavorableedificioriobreiro.flv{/flowplayer}

    O bo traballo realizado polo equipo de avogados contratado para levar este caso, así como tamén do persoal da área de urbanismo municipal, propiciou unha solución satisfactoria para os 25 propietarios do edificio río Breiro, situado na avenida da Constitución, sobre o que pesaba unha orde xudicial de derrubo.

    O alcalde, Xoán Xosé Dieste, que compareceu en rolda de prensa acompañado polo edil de Urbanismo, Fernando García, e o arquitecto técnico municipal, Emilio Piña, amosou a súa satisfacción pola sentenza do Contencioso Administrativo Número 1 de Santiago que anula un fallo anterior e que provocará que non haxa que derrubar integramente o inmoble.

    Proxecto de adecuación

    A sentenza sobre a que cabe recurso de apelación a presentar nun prazo de quince días sinala que deberá acometerse un proxecto de adecuación do edificio á legalidade urbanística vixente, dándolle solución ós problemas de edificabilidade existentes.

    Dende o executivo destacaron a importancia do acordo que evitará a demolición total do edificio, dándolle unha solución ás familias propietarias de vivendas neste inmoble que durante este tempo viviron momentos moi complicados. Tamén tiveron palabras críticas contra o anterior equipo de goberno, da que deriva todo este proceso, ó que acusaron de non facer ben as cousas, sempre de costas ós propietarios.

    Redacción Barbanza