A estación Hidrobiolóxica do Encoro do Con celebrou esta fin de semana un curso de formación sobre o papel dos ríos e as problemáticas ambientais máis preucupantes nos cursos fluviais. As xornadas foron organizados pola asociación ecoloxísta ADEGA e se complementaron con actividades prácticas.
O proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental organizado pola asociación ecoloxísta ADEGA. Esta fin de semana celebrouse un curso na estación hidrobiolóxica do Encoro do Con para dar a coñecer o papel fundamental dos ríos e amosar as problemáticas ambientais a eles asociados. Nestas xornadas tratáronse cuestións como ecoloxía fluvial, problemas de contaminación nos ríos galegos e cuestións prácticas como o emprego de macroinvertebrados como bioiniciadores da saúde nos ríos. Deste xeito os asistentes puderon comprobar o estado de saúbridade dos cauces fluviais da nosa comunidade a través da fauna e a flora. As prácticas consistiron na realización dunha inspección dun treito de río. Os propios organizadores foron os encargados de proporcionar as ferramentas necesarias para este tipo de inspeccións coa axuda das instalacións da estación hidrobiolóxica. O curso contou coa colaboración da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sustentable.
Redacción Salnés