Rosa Miguélez: ‘votar ó PSOE é apoiar o futuro en Europa’

    mitin_psoe_sanxenxo100.jpgSANXENXO> O PSOE trouxo esta fin de semana ata Sanxenxo a Rosa Miguelez, candidata ó Parlamento Europeo.

    {flowplayer}images/salnes/MITIN_PSOE_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> Dentro da campaña das Eleccións Europeas, o PSOE trouxo esta fin de semana ata Sanxenxo a Rosa Miguelez, candidata ó Parlamento Europeo e a Elena Espinosa, ministra de Medio Rural. As dúas políticas explicaron no Pazo Emilia Pardo Bazán que votar ó PSOE é apoiar o futuro en Europa, e que pola contra votar a PP é buscar o retroceso.

    A ministra Elena Espinosa asegurou que Europa precisa xente valiente como os candidatos socialistas, como Rosa Miguélez, Antolín Sánchez Presedo e Juan Fernando López Aguilar, para axudar a relanzar a economía neste tempo de crise. Espinosa animounos a traballar nesta campaña para gañar o día 7 de xuño.

    O PSOE afirma que os seus candidatos traballarán por que en Europa primen os cidadáns e a protección social.

    Redacción Salnés