Alerta nos viñedos ante os continuos ataques de mildio

MEIS> Alerta nos viñedos ante os altos ataques de mildio. As altas temperaturas e as continuas precipitacións favorecen a expansión deste fungo. Os viticultores aumentan os tratamentos para intentar eliminalo. O ataque chega no momento no que se están formando os froitos, o que pode poñer en risco a futura produción.

A climatoloxía que ten lugar nesta época no Salnés é a perfecta para a proliferación do mildio. As altas temperaturas acompañadas de abundantes precipitacións favorecen a expansión deste fungo. Os viñedos están en alerta ante os continuos ataques.

Os viticultores están reforzando os tratamentos para intentar eliminar o mildio. A pesar de utilizar produtos respectables co medio ambiente como aceite de laranxa, as choivas complican esta loita.

Estas condicións chegaron nun dos momentos máis críticos para os viñedos, o fin da etapa de floración.

Unha vez finalizada a floración, as uvas xa están en tamaño perdigón, pendentes de como estes ataques de mildio poidan afectar, a primeira é lectura apunta a unha produción boa.

Os viticultores aconsellan facer os tratamentos sempre antes de chover a modo preventivo e tamén realizar a poda en verde, para que a vexetación non desborde o sistema de condución.