![]()
RIBADUMIA> Dous bombeiros do parque do Salnés acaban de cumprir unha importante misión humanitaria en Sumatra, unha zona de Indonesia fortemente…
{flowplayer}images/salnes/201009_bombeiros_solidarios.flv{/flowplayer}
… castigada polos terremotos. Aproveitando os seus días de vacacións e de descaso persoal, Pablo Oubiña e Jesús Paz acudiron permaneceron entre doce e dez días respectivamente neste país desenvolvendo labores de axuda e recuperación na zona montañosa de Pandag, dentro do programa previsto pola ong Sar España, ca que traballan a cotío estes membros da Asoc. de Guías de Cans de Salvamento de Galicia.
Primeiramente tiñan previsto asistir cos cans de rescate cos que adoitan traballar, pero finalmente acudiron eles solos. A súa chegada, a pesar da devastación manifesta, comprobaron como a xente destes lugares está acostumada a este tipo de desgracias.
Esta viaxe cambiou a vida destes dous bombeiros solidarios;a maiores do seu traballo tiveron que facer fronte a unhas condicións medioambientais e de alimentacións moi difíciles. Con todo, aseguran que pagou a pena e que estarían dispostos a volver mañá mesmo.
As labores de axuda ós demais destes dous heroes contemporáneos continúa agora desde os seus postos neste corpo de emerxencia do Salnés.
Redacción Salnés








