CAMBADOS> Este ano participan un total de corenta e catro adegas. A Conselleira do Medio Rural e do Mar presidiu a inauguración da Festa.
{flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_ALBARINO_2012_REPOR_CASETAS.flv{/flowplayer}
A pesares do mal tempo, a inauguración da sesenta edición da Festa do Albariño non defraudou ós asistentes. Decenas de persoas achegáronse ata o Paseo da Calzada para vela tradicional entrada das autoridades. Nesta ocasión, a comitiva estivo encabezada pola Conselleira do Medio Rural e do Mar, ademais do Presidente da Deputación de Pontevedra e o Delegado Territorial da Xunta na provincia. Rosa Quintana resaltou a importancia do sector primario nos tempos que corren polo que garantiu que van seguir apoiando iniciativas coma esta.
Pola súa banda, o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, salientou que nesta ocasión os protagonistas son os adegueiros. Desde o concello o único que pretenden, dixo, é contribuír a que os seus albariños acaden máis sona, se aínda cabe.
Tampouco podía faltar á inauguración oficial da Festa o Presidente do Consello Regulador da DO Rías Baixas. Juan Gil de Araujo recoñeceu a importancia que esta festa ten para a denominación xa que permite que o albariño atravese fronteiras.
44 adegas
Despois da inauguración falamos cos adegueiros que este ano participaron na sesenta edición da Festa do Albariño para coñecer que expectativas teñen para esta edición e que supón para eles participar nesta festa. Un total de corenta e catro adegas participan este ano ocupando corenta das casetas que hai no Paseo da Calzada.
Todos os que se acheguen ata alí poderán degustar un viño por un euro e medio ou mercar unha botella por oito. Os adegueiros cos que tivemos a ocasión de falar agardan que este ano se cumpran as súas expectativas. Ó longo dos próximos cinco días, a organización agarda que unhas duascentas mil persoas se acheguen ata Cambados.
E é que o certo é que a Festa do Albariño é a mellor das promocións para os caldos desta denominación. Aspecto que os propios adegueiros recoñeceron. É, ademais, un escaparate que permite a todo tipo de persoas degustar estes caldos, ó aire libre e nun ambiente moi festivo. Tres aspecto que fan que o éxito da festa estea garantido.
Os stands estarán abertos ata o vindeiro domingo e vense complementados cunha carpa gastronómica onde se poden degustar produtos da ría de Arousa e da hora do Salnés.
Mañá pola noite celebrarse a Gran Gala do Albariño que contará coa actuación do Grupo La Guardia, Soraya e Manolo Escobar.
Redacción Salnés