Espina e Delfín prorroga o contrato a cambio de obras de abastecemento

    VILAGARCÍA > A Corporación de Vilagarcía aprobou cos votos de PSOE, BNG e IVIL prorrogarlle o contrato a Espina e Delfín por 20 anos a cambio de que a empresa aporte máis dun millón 300 mil euros a obras de abastecemento no municipio. Sen embargo o acordo inicial foi variado lixeiramente ó introducir unha enmenda do BNG con varias propostas.

    Esquerda Unida e PP foron os únicos en votar en contra da prórroga da concesión de Espina y Delfín. O popular criticou a escasa capacidade de xestión do goberno local alegando as melloras conseguidas por outros concellos, como Sanxenxo, mentres que Fajardo aludiu á necesidade de que os servizos básicos estean en mans públicas.

    O acalde foi moi crítico con Fole, ó que acusou de ter unha doble vara de medir xa que na Mancomunidade apoiou un convenio moi semellante. Os nacionalistas foron os únicos que presentaron unha enmenda que pedía reduci-los 20 anos de prórroga, retira-la proposta de Espina y Delfin sobre a ampliación a outros 5 anos a cambio dunha inversión de 645 mil euros e evita-lo incremento das tasas por obras futuras, cuestións que tamén apoiou IVIL matizando que a suba se limitara ó IPC que figura no contrato con Espina e Delfín. 

    Finalmente a prórroga foi aprobada anque con estas condicións. Tentar rebaixa-los 20 anos, non repercutir nos recibos dos vilagarciáns ningunha inversión na rede e que sexa unha vindeira corporación a que decida sobre as obras propostas pola empresa a cambio dunha prórroga de 5 anos máis.

    Redacción Salnés