Aguín acusa á aldaldesa de evitar responsabilidades

    dorron100_270509.jpgSANXENXO> A polémica do cemiterio de Dorrón e as vivendas que se construíron ó seu carón segue dando que falar.

    {flowplayer}images/salnes/CEMITERIO_DORRON.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> A polémica do cemiterio de Dorrón e as vivendas que se construíron ó seu carón segue dando que falar no concello de Sanxenxo.

    O goberno municipal fixo público o informe da Xerencia de Urbanismo sobre as licencias concedidas a esas construcións e que logo foron anuladas xudicialmente. O informe conclúe que os permisos dados no seu día déronse porque se entendeu a obra do cemiterio como ampliación e non como obra nova. Isto eximiría de preservar unha zona de 50 metros libres de todo tipo de construción.

    Os servizos xurídicos municipais entenderon entón que non se vulneraba o decreto sobre Policía Sanitaria Mortuoria. Sen embargo, en setembro de 2008, coas vivendas a medio construír, o Concello tivo que suspender as licencias ó indicarlle a Consellería de Sanidade que si se vulneraba o decreto. E en novembro dese ano o xulgado anula as licencias.

    O PSOE considera sorprendentes as conclusións do informe e cre que o PP lle está a botar a culta ós promotores para evitar responsabilidades. Os socialistas advirten que xa en agosto de 1998 se sabía que o cemiterio de Dorrón o había que tramitar como obra nova, e polo tanto afirman que a alcaldesa concedeu a licencia ós chalés a sabendas de que non tiña os informes favorables.

    Redacción Salnés