O Hospital do Salnés recibiu a primeira promoción de médicos residentes

    hospital_salnes100.jpgVILAGARCÍA> Tres doutores en prácticas escolleron o centro comarcal para introducirse no oficio trala carreira de Mediciña.

    O Ministerio de Sanidade e Política Social concedeu o certificado de Unidade Docente ó Hospital do Salnés, o pasado 18 de maio. Converténdoo así no primeiro centro comarcal de Galicia, que exercerá a docencia. Os tres primeiros alumnos recibiron hoxe o manual de residentes, da man do xerente do Hospital, Pedro Soler. Quen lle deu a benvida ó centro.

    A comisión de docencia do Hospital, encabezada polo doutor Tato Vázquez, traballou a reo, nos últimos anos, para acadar o recoñecemento como centro docente. O responsable do departamento agradeceu ós médicos implicados a súa labor no proxecto, que se materializou hoxe, coa chegada dos médicos residentes. 

    Para rematar o acto de benvida, celebrouse unha conferencia a cargo do xefe do servizo de cardioloxía do hospital Universitario de Santiago, e catedrático da Universidade, o doutor, José Ramón González. Quen impartiu unha charla sobre insuficiencia cardíaca.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/270509_residentes_hospital_salnes2.flv{/flowplayer}