CAMBADOS> A Santa Compaña desfilará polas rúas de Cambados durante o Samaín. A banda de música disfrazada percorrerá a vila para animar coa súa música á veciñanza. Esta é unha das moitas actividades do Samaín de Cambados que incluirá Camiñantes brancos e un dragón como o de xogos de tronos.
Cambados prepárase para tremer de medo cun Samaín terrorífico. A vila celebrará diferentes actividades entre o 24 de outubro e o 1 de novembro para animar a veciñanza. Unha das máis novidosas será o sábado 28 coa procesión da Santa Compaña grazas ao traballo da banda de música da vila.
A banda de musica tamén realizará actuacións do 24 ao 27 de outubro nun auditorio municipal preparado para a ocasión. A procesión da Santa Compaña non será a única que percorra as rúas de Cambados. O día 30 terá lugar o desfile terrorífico con 3 saídas que inclúen diaños, camiñantes brancos e un dragón.
As actividades continúan cunha sesión dj terrorífica para os mais pequenos, a festa meiga e pecharase co Magosto popular.
Serán 11 días de actividades para celebrar unha das festas máis tradicionais galegas con música, disfraces e moito sentido do humor.