Varios animais dun alpendre da Pobra puideron ser rescatados dun incendio

    POBRA> A rápida intervención dos bombeiros dos parques de Ribeira e Boiro evitou a traxedia. O suceso producíase ó redor das doce e media do mediodía de onte domingo. Unha chamada ó servizo de emerxencias do 112 alertou deste incendio orixinado neste pequeno establo existente na zona da Ribeiriña, no lugar do Freixo. Ata o lugar trasladáronse rapidamente persoal dos parques de Ribeira e Boiro, que se encargaron de evacuar ó gando que nese momento se atopaba no interior do alpendre e que comezaba a estar afectado polo fume. Ó parecer o lume orixinouse na zona onde se acumulaban as alpacas. Tódolos animais puideron ser rescatados con vida. No interior das cortes había varios becerros, vacas, cabalos ou galiñas. Ademais do persoal dos dous parques de bombeiros, no operativo tamén participou Garda Civil e Policía Local da Pobra.

    1 comentario

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí