As candidaturas cidadás do Barbanza súmanse á Marea

    RIBEIRA> A un día do inicio da campaña, as formacións políticas que concorrerán ás eleccións xerais do vinte de decembro, comezan a tomar posicións. É o caso de ‘En Marea’ que no Barbanza conta co apoio de numerosas candidaturas municipais como Nós Pobra, Rianxo en Común. Marea de Noia e Boiro Novo. A candidatura En Marea, encabezada por Podemos, Esquerda Unida e Anova, aglutina ademais a numerosas formacións e mesmo persoas a título individual que queren sumarse a este movemento cidadá. No Barbanza, os novos partidos xurdidos para as municipais de maio como Boiro Novo, Rianxo en Común, Marea de Noia e Nós Pobra intégranse nesta candidatura que busca obter unha importante representación nas cortes xerais para mudar as actuais políticas. A defensa dos dereitos básicos da cidadanía e a aposta polo público constitúen as bases desta formación recollidas nun manifesto ó que deron lectura os seus representantes.