O BNG propón utilizar como abono os lodos retirados da ría

lodosrianoia_100_270509.jpgNOIA> O BNG aposta pola retirada dos lodos da ría para recuperar a produtividade dos bancos marisqueiros.

{flowplayer}barbanza/lodosrianoia.flv{/flowplayer}

O proxecto de rexeneración para a ría de Noia que propón o goberno local segue sen convencer ó BNG. A demolición da escollera que plantexan, din os edís nacionalistas, tería nefastas consecuencias posto que o río sería incapaz de arrastra-los lodos depositados durante tantos anos.

Por este motivo, os nacionalistas insisten na necesidade de retirar a lama da ría e reciclala como abono para os montes, tal e como se fixo en Cabanetán de xeito experimental.

Construción do porto

Os nacionalistas consideran que a demolición da escollera, por sí sóa, non garante a rexeneración e mesmo pode supoñer a renuncia a unha vella reivindicación de Noia que é a dotación dun porto.

Neste sentido, o BNG considera que o proxecto que baralla o equipo de goberno tan só contempla solucións de orde estética sen garantir a rexeneración da ría.

Redacción Barbanza