Toribio exhíbese na derradeira proba da Copa de España

ciclismo250_250509.jpgSALNÉS> Pontevedra foi escenario onte da derradeira proba da Copa de España de ciclismo, para categorías elite-sub23. A cidade do Lérez foi liña de saída e de meta dunha carreira que percorreu a provincia para completar un total de 148 kilómetros. O vencedor José Vicente Toribio, do Andalucía Cajasur.

Pontevedra acolleu a derradeira proba da Copa de España de Ciclismo para categorías elite-sub23 na que se daban cita 161 corredores de 23 equipos, sete deles galegos. Os ciclistas tiveron que superar os 148 quilómetros de percorrido con catro portos de montaña, o último deles o do Alto de Castiñeiras, onde se decidíu a carreira.

Houbo varios intentos de escapada, a máis importante formada por vinte corredores, que chegarían ó alto de San Antoniño, no kilómetro 58, con algo máis de un minuto de vantaxe, alcanzando unha máxima de 1’30" pouco despois.

A partir dese momento, o ritmo do pelotón provocou a neutralización dos corredores do grupo dianteiro, para que polo alto de Pazos de Borbén, no kilómetro 109, quedase por diante tan só o ex profesional Romero, con diferenzas entre o medio minuto e o minuto.

O vasco tamén sería atrapado antes da última subida na que o fortísimo ataque de José Vicente Toribio non tería xa reacción. O ciclista do Andalucía Cajasur puido coroar Castiñeiras con 25" de diferencia, distancia que mantivo co pelotón nos derradeiros quilómetros grazas tamén ó traballo de contención por detrás dos seus compañeiros de equipo.

Cruzou a liña de meta situada na Alameda pontevedresa con 21" de diferencia con Daniel Ania, do Ciudad de Oviedo, que ratificou a súa condición de mellor sub-23 así como de subcampión de Copa.

O primeiro galego en cruzar a meta foi Cerezo do Cidade de Lugo no 8º posto, xusto por diante de Aser Estevez, do Spol – Caixanova, que foi noveno. O tamén galego David Abal do Cueva el Soplao foi o vencedor do premio da montaña. Por equipos o Tarragona foi primeiro, co Superfroiz duodécimo.

Na xeral individual da Copa Jorge Montenegro, que xa acudía á cita como vencedor, alzouse co título. O Terra i Mar valenciano levouse a victoria por clubes.

Redacción Salnés