![]()
VILAGARCIA> Unha representación do goberno local de Vilagarcía, encabezada pola alcaldesa, Dolores García, visitou esta tarde as obras…
{flowplayer}images/salnes/270509_trabanca_sardineira.flv{/flowplayer}
… do novo parque infantil de Trabanca Sardiñeira. Nas inmediacións destas instalacións agrupáronse un importante número de veciños que valoraron moi positivamente esta actuación municipal.
A maiores desta obra, o Concello vilagarcián vai a acometer outras actuacións neste entorno antes de finais de ano. O Concello pensa investir cento vinte mil euros en pavimentación de rúas, trinta e cinco mil en alumeado, e 100.000 euros na nova praza pública; todo isto a cargo dos Fondos Anticrise do Estado, o coñecido como Plan E.
Os veciños aproveitaron tamén esta visita para reclamar outras melloras no entorno ó Consistorio, entre elas unha readaptación da antena de recepción de televisión analóxica, para poder ver mellor Telesalnés.
Redacción Salnés







