Vintecatro persoas comezaron a traballar hoxe en Cambados

    CAMBADOS> Dezanove alumnos formaranse en Cambados durante seis meses en canteiría e tarefas forestais. Este é o obxectivo da terceira edición de Turismo Sostible , un novo obradoiro de emprego da Xunta de Galicia, que comeza hoxe.

    Hoxe comezaron a traballar 24 novas persoas en Cambados: 19 en modo de formación e os cinco restantes como director, titor, administrativa e titores do obradoiro de emprego Turismo Sostible, na súa terceira edición. Estes aprendices formaranse en canteiría e en tarefas forestais; dous eidos nos que Cambados pode ofrecerlles moito traballo. Durante os seis meses de formación, estes homes e mulleres realizarán obras que quedarán para a posteridade na Capital do Albariño: como son a continuación das tarefas de adecuación da senda verde que transcorre paralela ó río Umia; e nos espazos verdes do casco urbano; a adecuación sostible do castro de Sete Pías, así como melloras nas áreas recreativas dos centros socioculturais dos núcleos rurais. Este obradoiro de emprego é un dos catro que se poñen en marcha este ano no Salnés, amais dos de Vilagarcía, O Grove e o de Hostalería do Salnés. En Galicia o número de obradoiro ascende a 53, cofinanciados pola Consellería de Traballo e Benestar.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/05/obradoiro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/05/obradoiro_emprego_cambados.mp4{/flowplayer}