Xornada aciaga para os equipos do Cambados TM

SALNÉS> Esta fin de semana tocoulle descansar ó Establecimientos Otero, que milita en Primeira Nacional. Sí que xogou o Liceo Casino que perdeu en Torrelavega. Na Segunda, os cambadeses tampouco puideron facerse coa victoria nos seus respectivos compromisos.

Non xogou esta fin de xornada o Establecimientos Otero, tocoulle descansar. A semana que ven deberán disputar o derradeiro partido do ano na casa ante o Oviedo.

Sí que competiron esta xornada os rivais dos cambadeses, neste caso nun duelo directo polas parazas cabeceiras. Torrelavega e Liceo Casino medíronse en terras cántabras con victoria local por un axustado 4-3. Así as cousas os vilagarciáns suman a súa segunda derrota en seis partidos e quédanse cos mesmos números que o Establecimientos Otero, aínda que por diante deles por maior diferencia de sets. Son terceiro e cuarto, respectivamente.

Dende a Segunda Nacional non chegan boas novas xa que Grupo Barros e Joyería Enrique colleitaron sendas derrotas esta xornada. Os primeiros caeron ante o Galmedica Ourense nun partido moi igualado, por 4-3. Os puntos acadáronos Martín Regueiro e Ñajo Padín, este por partida dobre. O Joyería Enrique caeu con contundencia nate o Monteporreiro por 5-1, nun encontro no que tan só foi quen de puntuar Antonio Regueiro. Na clasificación xeral o Grupo Barros é quinto con tres victorias e tres derrotas mentres que o Joyería Enrique continúa penúltimo cun único triunfo en seis partidos.

Na Segunda Nacional femenina as xóvenes xogadoras do Viaxes Otero nada puideron facer ante a experiencia do DubraTambre, co que perderon por un claro 0-5.

Redacción Salnés