O Vilalonga cae derrotado por 0-6 ante o Pontevedra

futbol250.jpgSALNES> Os equipos do Salnés que militan en Terceira e Preferente xogaron onte partidos de pretempada. E só o Céltiga conseguiu gañar o seu encontro contra o Ribadumia. O resultado máis destacado é o 0-6 do Vilalonga – Pontevedra.

O Pontevedra fixo o que quixo onte no Campo de San Pedro e acabou endosándolle media ducia de goles ó Vilalonga. O equipo de Gabi Leis só foi quen de plantarlle cara ó rival nos primeiros vinte minutos de encontro, un dos amigables máis esixentes que ten nesta pretempada.

Mentres os celestes fallaban, os granates demostraron un gran acerto de cara o gol. Kelvin e Igor abriron o marcador e cos seus tantos deixaron sentenciado o encontro á media hora de xogo. A primeira meta acabou cun 0 a 3 no marcador.

Na segunda parte ambos adestradores fixeron moitos cambios. O Vilalonga baixou inda máis o nivel, mentres que o Pontevedra incrementaron a diferenza. Ó pouco de reanudarse o partido vimos un gran gol de Nevado. Quique Cubas anotaba dous máis para os granates pouco máis tarde.

O Arosa tamén xogou onte un amigable en Vilagarcía contra o Pontevedra B. O encontro acabou con empate a un. Comezou anotando Suso de cabeza para os granates e Juanito empatou na segunda parte, tras un bo pase de Adrián Camiño.

O Portonovo tamén empatou onte a uns no partido de pretempada que xogou en Baltar contra o Alondras. Marcaron Pablo para os locais e Santi Domínguez para o Alondras.

O Céltiga, pola súa banda, gañou por 1-3 ó Ribadumia, no amigable disputado onte no campo da Senra. Fernando anotou os dous primeiros para os da Illa.

Por último, o Sanxenxo caeu derrotado por 3-1 en Redondela.

Redacción Salnés