Sanxenxo renova as 13 bandeiras azuis e lidera o ránking español

    bandeira_azul100_280509.jpgSANXENXO> O litoral español goza de boa saúde e o galego máis. Así se desprende das bandeiras azuis concedidas ás praias españolas …

    {flowplayer}images/salnes/BANDEIRAS_AZUIS.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> O litoral español goza de boa saúde e o galego máis. Así se desprende das bandeiras azuis concedidas ás praias españolas, 571 en total, das que 124 ondearán en areais de Galicia. A ADEAC concedeu a España 44 bandeiras azuis máis que en 2008, un aumento equiparable ó descenso que se produciu o ano pasado, a causa do endurecemento dos criterios de concesión, e xa se aproxima ó número récord de distintivos de 2007.

    Sanxenxo segue coas súas trece e mantense como o concello con máis bandeiras azuis de España. A alcaldesa Catalina González afirma nun comunicado que estas trece bandeiras acreditan unha vez máis o esforzo de Sanxenxo na limpeza dos areais e na excelencia das súas augas. O Concello lembra que nos últimos dez anos, Sanxenxo pasou d ter un só distintivo a trece, cantidade esta que mantén desde 2007.

    Na comarca do Salnés, destacan tamén os seis distintivos conseguidos polas praias do Grove, mentres que no Barbanza, Ribeira, con outros seis, encabeza o ránking desta comarca. A bandeira azul recoñece o cumprimento da legalidade e dos criterios de accesibilidade, de salubridade e de sostenibilidade ambiental.

    Redacción Salnés