A Deputación solicitará ó Estado 4 millóns de euros polo IBI da AP9

    peaxe100.jpgPONTEVEDRA> Os beneficiarios serán os concellos por onde pasa a autopista do Atlántico.

    A AP9 pasa por 12 concellos da provincia de Pontevedra. A ocupación dos terreos obriga a pagar un imposto destinado ás administracións locais. O importe ascende ata os 4 millóns de euros; dos que solo se entregaron 200.000 euros, nos últimos tres anos. A Deputación solicitará o resto do importe ó Ministerio de Economía e Facenda.

    Dos catro millóns de euros que a Deputación vai reclamar a Facenda, o concello de Poio recibiría 1 millón de euros e o de Portas 300.000 euros. A Meis correspóndenlle 6.000 euros, a Pontecesures 104.000 e a Valga 480.000. Barro recibiría 340.000 euros e Caldas máis dun millón. O que supón un ingreso importante para os concellos, que sempre precisan de máis recursos.

    Hai xurisprudencia do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid que obriga ó Ministerio de Facenda a abonar ós concellos pola superficie ocupada polas autopistas. Si Facenda non acede ó pago na primeira instancia, a Deputación vai presentar un contencioso administrativo contra o Ministerio de Economía. Que é a Administración que debe responder pola empresa de autopistas, segundo o convenio asinado entre o Estado e Autopistas de Atlántico.

    A Deputación estudará a posibilidade de cobrar un canon pola instalación de liñas eléctricas de alta tensión, ó seu paso polos concellos. Así como polas antenas de telefonía móbil.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/290509_louzan_por_ap9.flv{/flowplayer}