Voluntarios ambientais retirarán especies invasoras na Illa de Sálvora

    RIBEIRA> A Consellería de Medio Ambiente e a organización ecoloxista ADEGA colaborarán nunha xornadas de voluntariado ambiental na Illa de Sálvora. As actividades, a desenvolver entre o doce e o catorce de abril, consistirán na erradicación e limpeza de especies exóticas invasoras co fin de garantir a biodiversidade neste espazo protexido. Durante a primeira das xornadas está prevista unha charla formativa sobre o procedemento para a eliminación destas especies. O mércores realizarase o traballo de campo e o xoves terá lugar unha posta en común das actividades realizadas. Paralelamente, os voluntarios poderán desfrutar de roteiros pola illa, observación de aves ou de cetáceos.