![]()
VILAGARCÍA> José e Raimundo Piñeiro foron denunciados por varios membros do goberno de A Illa con relación á urbanización ‘Vila PSOE’.
{flowplayer}images/salnes/XUIZO_VILLAPSOE.flv{/flowplayer}
A Fiscalía solicitou o arquivo da querela por inxurias presentada polo alcalde da Illa, xunto a outros membros do seu equipo de goberno contra os irmáns José e Raimundo Piñeiro. Estas dúas persoas, que formaron parte de Cafines, e agora pertencen ó Sindicato Unificado da Garda Civil, levan tempo vertendo acusacións contra a urbanización de O Furado, coñecida como Vila PSOE. A vista celebrouse no Xulgado de Vilagarcía e os demandados saíron satisfeitos.
José e Raimundo Piñeiro presentaron ante a Fiscalía unha serie de documentos cos que pretenden demostrar que a urbanización Vila PSOE non se axusta á Lei de Costas do Estado. Denuncian que tanto Xunta como Concello permitiron rebaixar a distancia permitida para construír na liña costeira beneficiando a un promotor privado. Afirman que hai vivendas nesta zona sobre as que pesan ordes de derrube, mentres altos cargos do PSOE como José Blanco ou Ricardo Varela si poden gozar do privilexio de vivir a escasos metros da costa.
Os irmáns Piñeiro din que insistirán no Concello para poder consultar a documentación desta urbanización. Os irmáns Piñeiro están a preparar denuncias e querelas xudiciais para esixirlle ó Concello esta documentación.
Redacción Salnés










