O tecido asociativo e comercial de Ribeira implícase na programación de Nadal do concello

RIBEIRA> Ribeira iniciará esta fin de semana a súa programación de Nadal con ducias de actividades para tódolos públicos. Destaca a colaboración do concello co tecido asociativo e comercial do municipio que promoven moitas das propostas para estas datas festivas.

O auditorio municipal de Ribeira será un dos escenarios principais das actividades programadas polo concello para este Nadal. Moitos deles, en colaboración co tecido asociativos como a Gala Solidaria de Cáritas que terá lugar este sábado día 14.

A música será un dos pratos fortes deste Nadal cos numerosos concertos enmarcados no ciclo Rúas Musicais que se desenvolven en colaboración coa hostalería local.

Tamén o comercio implícase na celebración do Nadal en Ribeira polo que o concello organziaá actividades de animación de rúa e fío musical para favorecer a afluencia de xente e dinamizar as vendas.

O programa complétase con moitas máis actividades como o Nadal Pelegrín, a Festa de Noitevella, a visita dos Reis ás Parroquias previa á cabalgata do 5 de xaneiro.