A Xunta da luz verde á rehabilitación do Coliseo Noela

    mellorascoliseonoela.jpgNOIA> O Consello da Xunta autorizou a subscrición dun convenio entre a Consellería de Cultura e o concello para o acondicionamento do Coliseo Noela.

    {flowplayer}barbanza/mellorascoliseonoela.flv{/flowplayer}

    Coa sinatura deste convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e o concello noiés posibilitarase a realización das obras de mellora do Teatro Coliseo Noela para darlle así solución ós graves problemas estruturais que presenta o edificio e que, mesmo, vén arrastrando dende a súa inauguración no ano 1999.

    Dende aquela foron pasando numerosos gobernos, tanto a nivel local como autonómico, sen que se acometese unha actuación con urxencia que viñese a darlle solución ós graves problemas que presenta o edificio como pode se-la impermeabilización da cuberta, arranxos no estado interior do teatro ou mesmo o reforzamento das medidas de seguranza.

    Dase a circunstancia que o actual Executivo Autonómico xa paralizou un proxecto de acondicioamento deste edificio que xa deixara aprobado o Goberno Bipartito cunha reserva de creto de 425 mil euros.

    Redacción Barbanza