Conta atrás para a 37 edición da Festa do Viño Tinto do Salnés

    festa_tinto100.jpgRIBADUMIA> O presidente da Deputación e a alcaldesa, Salomé Peña, presentaron hoxe o evento que se desenvolverá os días 5, 6 e 7 de xuño, en Barrantes.

    Ribadumia xa ten todo listo para a celebración da Festa do Viño Tinto do Salnés, que terá os seus días grandes o 5, 6 e 7 de xuño. Hoxe presentáronse os detalles da festa que comeza, o mércores día 3, coa final da cata de viños por parroquias, que se ven desenvolvendo durante todo o mes de maio, pola comarca.

    O presidente da Deputación presidiu o acto de presentación da festa do viño tinto do Salnés. Un evento de referencia, que se celebra en Barrantes, dende hai 37 anos.

    A degustación gratuíta vaise celebrar o sábado 5 na carballeira de Barrantes, xunto coa cata final dos viños autóctonos. Amais da gastronomía e o viño, a Festa de Barrantes pretende ser un referente a nivel musical. O venres, día 5 celebrarase a verbena na carballeira coa actuación da orquestra París de Noia. Que contará coas actuacións de Melendi, Rosa López, Manu Carrasco, David Civera, Dani Mata, Decai, entre outros. O sábado actuarán as orquestras Cinema e Jerusalén e o domingo terá lugar o espectáculo do grupo Panorama e Philadelphia.

    DIVERSIÓN PARA TÓDOLOS GUSTOS

    Paralelamente á festa do viño tinto vaise desenvolver a segunda mostra de exaltación da conserva, en Ribadumia. Durante os días que duren as celebracións o Concello habilitará sete aparcadoiros gratuítos, para que os vehículos non invadan a calzada.

    O deporte tamén estará presente na programación. O domingo celebrarase no campo de fútbol de Barrantes o torneo de Fútbol 7 do concello, en categorías infantiles e alevíns. Amais dos actos relixiosos que se van desenvolver de xeito paralelo ós actos festivos.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/290509_FESTA_DO_TINTO.flv{/flowplayer}